Os cruceiros forman parte da paisaxe galega desde hai séculos. Levántanse en encrucilladas, adros e prazas, marcando lugares de paso e de encontro.
Un cruceiro componse de varias partes: a base ou plataforma escalonada, o pedestal, o fuste —a miúdo octogonal—, o capitel e, coroándoo, a cruz co calvario.
O calvario é a parte máis esixente: reúne as figuras de Cristo, a Virxe e os santos, talladas unha a unha. É onde o oficio do canteiro se pon realmente a proba.
Cada cruceiro é unha peza única. Deseñamos e tallamos cada un á medida, atendendo á contorna e á historia que quere contar.




